Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Tui
Parroquia: Guillarei (San Mamede)
Lugar: Sobredo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dun memorial en recordo do tráxico suceso acontecido no lugar de Sobredo o 27 de novembro de 1922, na loita contra os foros. Nese día, ao redor de 2000 persoas veciñas das parroquias da contorna, xuntáronse chamados polo repique das campás para evitar o embargo que decretara o xuíz de Tui sobre Ignacio Gómez, quen tiña unha tenda suxeita a foro. Ante esta situación, a Garda Civil abriu fogo contra a multitude xerando numerosos feridos e a morte dos veciños Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis; Joaquín Estévez, de Guillarei; e Venancio González, dirixente agrario de San Estevo de Budiño.

Anos despois e mediante subscrición popular, tómase a decisión de renderlle homenaxe ás vítimas e recordar o lutuoso suceso da loita antiforal. Así, o 29 de novembro de 1931, o escultor Camilo Nogueira puña a primeira pedra do monumento que sería inaugurado xusto un ano despois nun acto multitudinario no que tomaron a palabra persoeiros como Alonso Ríos. Pero sería efémera a vida do mesmo, xa que no 1936 sería dinamitado e non se reconstruiría de novo ata 1988, sendo reinaugurado nun acto que contou coas verbas de Méndez Ferrín.

O monumento foi realizado en granito e nel se representa a un campesiño erguendo unha balanza como símbolo de xustiza cara o sol, mentres é abatido por fusiles. Aos pés do mesmo aparecen representadas varias ferramentas de labranza xunto as palabras “Justicia” e “Trabajo”. Despois da destrución do monolito, os pedazos foron escondidos e enterrados e en 1988, grazas á iniciativa veciñal, decídese reconstruír. Para elo reutilizáronse as pezas que se conservaron, reintegrando outras novas realizadas polo escultor Velasco en granito rosa Porriño. A diferenza cromática permite distinguir as pezas orixinais das novas.

Esta obra foi a primeira obra do escultor Camilo Nogueira, obra que vai suxeita a un grande valor simbólico.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA104.pdf
http://tudensia.blogspot.com.es/2008/11/os-mrtires-de-sobredo-froreceu-unha.html



Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0837813235
Lonxitude: -8.61094102263
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84