Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Rúa Ordóñez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dunha obra póstuma do escultor do Hío e afincado en Goián, Xoán Piñeiro. E por suposto, tamén é unha homenaxe ao insigne tudense e galeguista Manuel Lago González (1865-1925), que fora bispo de Osma, bispo de Tui, e finalmente arcebispo de Santiago de Compostela. Pola súa obra literaria foi recoñecido no día das letras galegas de 1973.

A historia deste monumento resulta azarosa, pois é en 1966, momento do centenario do arcebispo, cando se comeza a falar de rendirlle tributo en forma de escultura. No 1967, xa estaba constituida unha comisión para a homenaxe, presidida polo alcalde, que presenta no pazo de San Xosé de Vista Alegre de Randufe, lugar onde pasou a infancia o homenaxeado, a maqueta da escultura. Sen embargo, o proxecto foise prorrogando no tempo debido a diversos motivos, entre eles os desacordos económicos entre as distintas partes. En 1980 falece prematuramente Xoán Piñeiro, e a obra queda sen rematar, polo que terán que transcorrer algúns anos até que a remate o escultor Antúnez Pousa. Finalmente é ubicada no seu lugar o 20 de maio de 1987 e inaugurada un ano despois.

Xoán Piñeiro asume nesta escultura unha linguaxe realista, intentando captar unha instantánea na vida do prelado. Representa a Lago González en posición sedente e actitude reflexiva. Aparece representado cos atributos propios do seu rango eclesiástico: solideo, e cruz peitoral, ademáis dos de escritor: pluma e libro. Como apoio aparece un cruceiro de traza moi esquemática á vez que vangardista, pero, que manntén a iconografía tradicional deste elemento e ao que se lle adosa unha figura de Santiago peregrino. Na cruz do mesmo pódese apreciar a sinatura do autor.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/letrasgalegas/2012/05/12/dia-das-letras-galegas-1973-manuel-lago-gonzalez/0003_201205SC12P6994.htm
http://tudensia.blogspot.com.es/2013/06/nomes-tudenses-nos-xogos-florais-de-1891.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%A1n_Pi%C3%B1eiro_Nogueira


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0474243732
Lonxitude: -8.64432245493
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84