
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Tui
Parroquia: Pazos de Reis (O Sagrario)
Lugar: Frinxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Situada no primeiro parque natural que se declarou en Galicia en 1978, o monte Aloia, a casa estaba destinada na súa orixe a vivenda do garda forestal.
O deseño desta construcción é froito do enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal, que a construíu en 1921. Tipolóxicamente presenta semellanzas coa casa tradicional galega, pero, Areses concibe un deseño que lle aporta orixinalidade. Pois, en canto ao tratamento mural escolle un aparello marcadamente rústico que dota ao edificio dunha linguaxe organicista ou naturalista coa que se intenta a conexión directa coa paisaxe na que abundan os rochedos. Para elo non só emprega os penedos nos muros se non que tamén no deseño das barandas e elementos sustentantes feitos en cemento, estes imitan troncos de árbores.
Outro dos elementos característicos deste edificio é o arco rampante da entrada principal, que evoca ás formas estruturais da arquitectura de Gaudí.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (ficha 8).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0754724496Lonxitude: -8.67985099554
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84