
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Tui
Parroquia: Areas (Santa Mariña)
Lugar: Regueiro (A Agulla)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Situado nun cruce de camiños (hoxe estradas, PO-552) á entrada da parroquia de Areas, cruceiro e peto de ánimas conforman un conxunto etnográfico de gran sinxeleza.
O cruceiro levántase sobre unha plataforma dun único chanzo; sobre esta aparece colocada a base de forma prismática na parte baixa e troncoprismática na superior. O fuste é cilíndrico e totalmente liso, rematando nun sinxelo capitel dórico. Remata a composición a cruz de paus cilíndricos coa soa imaxe de Cristo crucificado.
O outro elemento do conxunto aínda resulta máis austero na súa composición, trátase dun peto de ánimas monolítico, de sección cadrada e remate en fornela semicircular, totalmente carente de decoración ou da típica representación iconográfica das ánimas no purgatorio.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Nos últimos 20 anos, o entorno deste conxunto mudou considerablemente, pasando de ser un entorno rural a un lugar fortemente urbanizado e de tránsito abundante. A ampliación da estrada e construccións próximas supoñen un risco para a súa integridade, que xa se viu danada a causa dos veículos que impactaron contra el.
Onde está localizado
Latitude: 42.0370323887Lonxitude: -8.65840941668
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Ago 25, 2013
Coma información complementaria, engado o enlace á ficha do catálogo (código no PXOM: CT/03 – EET/777) no PXOM (2011) de Tui:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA110.pdf
Oscar Franco says:
Xuñ 5, 2015
Engado a seguinte referencia biibliográfica deste conxunto:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998