Outra fotografía:
Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: A Lama / Pontevedra (comarca)
Parroquia: A Lama
Lugar: Carrizáns - Verdugo
Outra denominación do ben: Pasos sobre o río verdugo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Antigos pasos sobre el Río Verdugo entre as localidades de Antas e Covelo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.417229Lonxitude: -8.42609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
adela suma says:
Set 6, 2011
Este elemento non está recollido no catálogo das N.S.P.(1997) de A Lama
Alex says:
Set 6, 2011
Forma parte dunha ruta de sendeirismo na Lama, “tras os pasos do río Barbeira ou ruta da liberdade” Non podo dicir moito do lugar porque nos folletos da mesma nin aparecía, e no lugar tampouco había ningún cartel con información. Se non e correcto sempre se pode retirar da páxina. Saudos
isaac says:
Xuñ 5, 2012
O ver esa foto tan fermosa, busquei algo máis de información, e decateime que non tiñas correcta a localización. Esta é a localización mais exacta 42.417229,-8.42609. Un saúdo.
Alex says:
Xuñ 6, 2012
Dende logo que está mal posta…. pero non entendo porque, xa que cando a subín fun ampliando e seguindo o percorrido da ruta. Pode ser que eu faga algo mal nas fichas, xa que este e o primeiro paso que fago. A ver se vai a pasar en moitas máis porque ti xa me atopaches varias…
Isaac González García says:
Xuñ 6, 2012
Alex, consultei varias páxinas e fotos, unha delas a que ti chamas “ruta da liberdade” na que teñen un mapa, fixándome moi ben antes de correxir a túa localización, e tes razón en que levo correxido varias en outras tantas fichas, e non só nas túas. Encántame a trasparencia da auga por riba das pedras do camiño na túa foto. Saúdos.
Xandlinathry says:
Xuñ 6, 2012
Gracias Isaac. Xa correxin a localización e agora polo que vexo parece que si está correcta. Desculpas polo meu erro. Eu non vin moitos pasos por Galicia, pero o certo que estes encantáronme. A ruta e un pouco longa, pero ten moito para ver, das mellores que fixen por Galicia
Tecla says:
Dec 17, 2015
Hola.
Sí teñen uso; eu vivo alí e paso por elas a diario.
Estan en perigo pois donde nesa foto tan fermosa vedes un paso (pasal) afectado, hoxe hai varios. Esas pedras triangulares son as que cortan a auga nas crecidas pra protexelas poldras. Sin ese elemento protector a corrente bate nelas e pode arrincalas posto que no inverno a crecida é tremenda e vai moi forte.
O paso de carros que teñen as poldras á esquerda, na foto, tamén está afectado.
En canto dispoña de tempo informareime na Xunta dalgunha axuda pra reparalas pois son imprescindibles pra o acceso e comunicación entre varias orillas. Si non consigo nada farei un requerimento social de axuda humana entre veciños e voluntarios pra poñelas en pé e levalas ao sitio co fin de evitar se desmoronen. Perduren no tempo e sigan dando servicio como levan dende o tempo dos romans. De precisar axuda comunicareivolo.
Un saudo