Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Cícere (San Padro)
Lugar: Cícere
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Os pazos de Cícere están acaroados e feitos a base de sillería e perpiaño, con tellados a dúas augas e diferentes altura en cada un deles. Forman un único bloque e amosan ventás nos dous andares e dous balcóns na fachada, sendo o do Pazo de Arriba máis grande e soportado por grandes ménsulas de pedra. A súa construción, e posteriores reformas, segundo algunhas inscricións, abranguen os séculos XVI, XVII e XVIII.
O Pazo de Arriba é o máis antigo, amosa porta con grandes doelas no arco de entrada e no da porta que dá ao balcón. Son visibles tres pedras armeiras que fan referencia as familias dos Bermúdez e os Caamaño. Ten unha incrición co ano 1577.
O Pazo de Abaixo ten dos grandes escudos, un deles coas armas de Frei García de Pardiñas. Nos brasón do exterior tamén se poden apreciar as liñaxes dos Bermúdez, Moscoso e Castelo. Ao lado dun escudo e enriba dunha ventá figura a data de 1767. Os pazos estiveron vinculados ao pazo de Randufe na parroquia de Santa Comba (San Pedro) dos que se desvincularon no século XVIII por mor da Herdanza de Dna. Juana Prego de Montaos, que lle deixa este último á súa filla Dna. María Isabel Prego de Montaos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTACOMBA/documents/0356CA005.pdf pax. (11, 12, 13, 14 de 17)
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idEdicion=902&idMenu=327&idNoticia=308043
http://www.santacomba.es/content/blogcategory/14/50/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0464323678
Lonxitude: -8.87548863888
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84