Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Cícere (San Pedro)
Lugar: Cícere
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este pequeno hórreo pertence ao tipo fisterra, que vén sendo o máis sinxelo da tipoloxía que podemos ver en Galicia. A súa construción dende o punto de vista dos remates e o material usado é a máis basta, pois as pedras que o compoñen non gardan ningún formato. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade de asentamento das pezas de cachotaría da cámara. Este en particular apóiase en oito pés lixeiramente cónicos provistos de tornarratos, nos cales van apoiados laxes horizontais ou linteis para facer de base dos muros da cámara. Os penais non se diferencian do resto dos muros da cámara e tanto estes como a cámara levan sobrepenas para tornar da chuvia. Ten dúas porta para acceder ao interior. Está en estado de abandono e ten o teito caído


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0460775777
Lonxitude: -8.87545913458
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84