Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Grixoa (San Xoán)
Lugar: Agrís
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo barroco construída no século XVIII. De planta rectangular e sancristía engadida na cabeceira. A fachada é sinxela e con poucos adornos. Porta de acceso alintelada con marcos de resalte e rematada en orelleiras, leva tamén adornos de ocos circulares a cada lado da parte inferior da entrada. Amosa unha fornela enriba dela coa figura de San Xoán, con peaña e rematada en arco e no seu interior bóveda de cascarón en forma de vieira. Sobre esta unha ventá rectangular de esquinas rebaixadas. Sobre o pinche da fachada érguese a espadana de dous corpos, con dous ocos con arcos de medio punto para poñer as campás, coroada no remate con edículo de formas redondeadas con adornos de volutas, oco con arco e pináculos piramidais nos laterais que fan xogo cos do remate da fachada


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTACOMBA/documents/0356CA008.pdf pax 8, 9 e 10


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0267001806
Lonxitude: -8.88441234827
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84