Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Zas (Santo André)
Lugar: Zas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Igrexa de planta de salón formada por unha capela maior de planta cadrada que se cobre cunha bóveda de formigón, e unha nave rectangular, cuberta con formigón imitando á madeira. A sancristía está no muro norte do presbiterio. unha capela dedicada á Virxe do Carme atópase contigua á sancristía. Un arco triunfal comunícaa ca nave, que posúe na parte inferior da parede sur do presbiterio un sarcófago do fundador da igrexa: Álvaro Núñez de Lamas no ano 1543. Na parede norte da capela maior permanecen restos doutro sarcófago. O último tramo da nave ocupouno en época recente unha tribuna de cemento. Un grande arco de medio punto comunica a nave coa capela do Carme, que se cobre con bóveda de canón reforzada por un arco faixón volteado sobre placas.
O exterior destácase polo xogo de volumes entre a capela maior e a nave que se cobre con tellado a dúas augas. A fachada engadida no século XIX, presenta un esquema pentagonal onde se superpoñen a porta principal formado por un arco de medio punto profundo; sobre el, un van rectangular de luz, un azulexo e a torre que se sitúa nun edículo de planta cadrada que lle serve de base. Esta formada por tres corpos, o inferior con arcos de medio punto sobre piares con pilastras apegadas que soportan ás campás; o segundo corpo tamén de planta cadrada con arcos de medio punto sobre piares ó igual ca inferior pero de menor tamaño e por último, un tambor de planta octogonal con oito arcos de medio punto coroada por unha lanterna con nervios remarcados e coroado por un pináculo con bóla. No lado dereito da fachada á altura da xanela rectangular, un escudo da familia dos Lamas ennobrecendo todo o conxunto.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Vol. X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA001.pdf (Páx. 9).
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA005.pdf (Páx. 4).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0974713349
Lonxitude: -8.9162260294
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84