Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Santo Adrián de Castro (Santo Adrián)
Lugar: Santo Adrián de Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada na ladeira sur do monte, esta igrexa de estilo ecléctico ten planta de salón formada por unha capela maior cadrada, e unha soa nave dividida en tres tramos. Apegado ó muro leste da capela maior engadiuse unha sancristía cadrada.
A nave cóbrese con bóveda de aresta sostida por arcos faixóns sobre pilastras. A nave e mailo presbiterio comunícanse mediante un arco triunfal de medio punto. No último tramo da nave levántase a tribuna de madeira.
A fachada presenta un esquema pentagonal onde se superpoñen a porta principal alintelada, unha xanela lobulada formada por seis lóbulos mixtilíneos e no seu vértice esta coroado por unha cruz de pedra. Construíuse, ó igual co campanario, no século XVIII. Este presenta como característica propia, o estar situado no lado norte da fachada. Fórmano un corpo cúbico que remata nunha cornixa con moldura, e o seu corpo principal presenta catro arcos de medio punto lixeiramente peraltados. A torre aparece coroada por unha pequena cúpula sobre un tambor octogonal opaco cos nervios moi remarcados e coroado por un acroterio con bóla sobre o que se colocou unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Vol. X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA005.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0890138239
Lonxitude: -8.91981482506
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84