Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Malpica de Bergantiños
Parroquia: Vilanova de Santiso (San Tirso) - Barizo (San Pedro)
Lugar: Beo-Seiruga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de punta Galiana ou Entretorres está nun saínte moi abrupto e rochoso da costa, entre os lugares de Seiruga e Beo. Está estratexicamente situado entre a desembocadura do río Vaa e o chamado Porto da Tella. Conta con dous enormes parapetos na zona sur, e un foso entre eles, pola única parte de acceso da península na que se atopa. Mide arredor de dúas hectáreas e todo o terreo que está despois dos parapetos, duns 175 metros, é moi chan. Polo lado do mar non amosa defensa ningunha. Polo medio do asentamento podemos observar algún muros de pedra que parecen recentes e posiblemente froito da división de terreos agrícolas. Conta con dúas entradas que parecen o resultado da derruba das defensas, pero pola que está máis ao oeste vese moita pedra no corte das murallas, polo que creo que conformaría a entrada principal. Ademais parece o lugar máis idóneo de acceso, pois estaría defendida pola altura dos parapetos. Para o historiador Antonio A. Rodríguez Casal é “un castro perfectamente marítimo” e no tocante a súa morfoloxía “un dos máis interesantes de Bergantiños”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3194017643
Lonxitude: -8.85551691055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84