
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Malpica de Bergantiños
Parroquia: Vilanova de Santiso (San Tirso) - Barizo (San Pedro)
Lugar: Beo-Seiruga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de punta Galiana ou Entretorres está nun saínte moi abrupto e rochoso da costa, entre os lugares de Seiruga e Beo. Está estratexicamente situado entre a desembocadura do río Vaa e o chamado Porto da Tella. Conta con dous enormes parapetos na zona sur, e un foso entre eles, pola única parte de acceso da península na que se atopa. Mide arredor de dúas hectáreas e todo o terreo que está despois dos parapetos, duns 175 metros, é moi chan. Polo lado do mar non amosa defensa ningunha. Polo medio do asentamento podemos observar algún muros de pedra que parecen recentes e posiblemente froito da división de terreos agrícolas. Conta con dúas entradas que parecen o resultado da derruba das defensas, pero pola que está máis ao oeste vese moita pedra no corte das murallas, polo que creo que conformaría a entrada principal. Ademais parece o lugar máis idóneo de acceso, pois estaría defendida pola altura dos parapetos. Para o historiador Antonio A. Rodríguez Casal é “un castro perfectamente marítimo” e no tocante a súa morfoloxía “un dos máis interesantes de Bergantiños”
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207CA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3194017643Lonxitude: -8.85551691055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Xan 29, 2015
Os Bens Arqueolóxicos no pxom de Malpica de Bergantiños do ano 1995
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207CA003.PDF
Aquí o plano zona do castro
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207PB002.JPG
Adrián Abella Chouciño says:
Mai 22, 2015
Castros de Entretorres ou Galeana e Barizo, límites da parroquia de San Pedro de Barizo, pola costa. Separan a esta parroquia das limítrofes: San Tirso de Vilanova (por Leste) e Santiago de Mens (polo Oeste).
Gracias por estas fermosas “maquetas”.