Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Zas
Parroquia: San Martín de Meanos
Lugar: Froxán
Outra denominación do ben: Castro de Atalaia
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Froxán ou tamén chamado Castro de Atalaia está emprazado sobre un esporón situado nun meandro dun río entre o lugar de Froxán e o lugar de Atalaia. Situado a uns 315 metros sobre o nivel do mar, ocupa unha superfie duns 5700 metros cadrados e presenta un único recinto de forma tendente a circular, cunhas medidas de 80 metros de lonxitude N-S e de 77 metros de L-O.
O parapeto delimitador da croa ten unha altura moi regular con respecto ó exterior, de aproximadamente 3 ou 4 metros, mentras que con respecto ó interior está máis variábel: de 3 a 4 metros polo sur, 2 metros polo Leste e 1 metro no resto para rematar igualando na zona norte.
O sistema defensivo do asentamento compleméntase na zona sur e suroeste coa presencia dun foxo de aproximadamente uns 15 metros de ancho e 2 metros de fondo máis ou menos.
O castro pódese chegar ben a el, aínda que ten moita vexetación, pódese desfrutar das suas defensas e a súa entrada natural que ben sendo pola parte sueste.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15093008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA028.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0649687635
Lonxitude: -8.90837788582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84