Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Bugallido (San Pedro)
Lugar: Espesedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Xerardo Agrafoxo sitúa este castro, no seu libro sobre “O hábitat castrexo do Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra”, no concello da Baña, cerca da aldea de Vilar de Cima, parroquia de Corneira; pero realmente pertence ao concello de Negreira. Está case no límite dos concellos, pero ao oeste da aldea de Espesedo na parroquia de Bugallido (Negreira). Está mal situado nos planos PXOM do concello de Negreira do ano 2000, pois o plano de situación pon o castro no medio da aldea de Espesedo. O que si podemos ver e o mesmo nome, “Castro de Castroverde”, polo cal sabemos que se refiren ao mesmo castro. Agrafoxo define a tipoloxía do castro e a súa ubicación topográfica perfectamente. O castro aproveita unha ladeira de suave pendente, que provinte dende dos altos da parroquia de San Pedro de Bugallido vai prolongando as súas escarpadas abas ata o leito do Barcala. Polo tanto coma noutros castros de ladeira, o terreo no que está asentado limita as súas posibilidades de control do territorio e as súas condicións de defensas naturais. Esta posición determina que a parte do castro que mira ás terras de maior altitude atópase desprotexida. Está a unha altitude de 240 metros e a 500 metros do río Barcala e ten boas terras de labor, sen apenas pendentes, na súa contorna. Nos planos lidar de pendentes do ano 2009, podemos deducir que a croa de forma ovalada e mediría uns 150 m. de norte a sur e uns 85 m. de leste a oeste. Está rodeada dun parapeto que a cinguiría ao seu redor, e pola banda sur amosa un acusado terraplén ata a beira do rego de Bugallido, do cal podemos apreciar a súa dimensión na foto desta ficha, e que poderái alcanzar os 9 metros de altura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo Pérez, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra . Ed.Sementeira. S.A. Noia. ISBN 84-87848-02-8. Ano 1992,
Rey Castiñeiras, J. Estudio y Catalogación de castros de la provincia de La Coruña. Gallaecia nº 7, Santiago. 1984
Nesta ficha do pxom de Negreira do ano 2000 parece estar trabucada a ubicación e o concello limítrofe é A Baña e non Ames como pon o plano:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA003.pdf
(pax 11 de 26 do pdf)
Plano de pendentes Lidar 2009
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0102.pdf
(centro da parte inferior da imaxe, oeste de Espesedo)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9614790794
Lonxitude: -8.83721351624
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84