
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Baña / Negreira
Parroquia: Corneira (San Cristovo) A Pena (San Mamede)
Lugar: Vilar de Cerdeiras (Guimaráns)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro aproveita como emprazamento o lugar máis alto que separa as parroquias de Ordoeste (A Baña) e San Mamede de Pena (Negreira), a unha altitude de 328 m. no monte chamado “Alto dos Castros”. Amosa rexas ladeiras por todas as bandas e ten unha privilexiada situación sobre das terras da súa contorna. Divisa o castro de Feáns e xunto co Castelo de Broño (Negreira) e o castelo de San Martiño de Broño, poderíamos trazar una liña case recta entre os tres outeiros, cunha altura moi parella duns 320 m. e nunha distancia de 2,5 km. Presenta unha croa tendente a circular de aproximadamente 150 metros de diámetro que está delimitada por un parapeto, feito a base de moita terra que acada una altura cara o exterior de uns 2-3 m. e un ancho case uniforme de 2 metros, e que é seguido polos terrapléns que continúan coas ladeiras do monte e que acadan os 5 metros, segundo nos indica Xerardo Agrafoxo no seu libro. Cara o interior levántanse 1-2 metros como máximo. O sistema defensivo complétase cun foxo que rodea a metade oeste da croa, ao que segue outro máis desfigurado ao ser aproveitado de límite entre as parcelas de monte. No ano 2003 no que foi feito o Pxom da Baña, a ficha que o describe, atribúelle un estado excelente de conservación a pesares de algunha destrución puntual. A grande maleza que tapa o camiño de acceso ao castro impide a día de hoxe chegar ata o asentamento. No mapa de pendentes lidar 2009 podemos ver claramente a forma do castro e ademais parece apreciarse unha elevación cunha parte chan no medio da croa. Os veciños tamén lle chaman a este lugar “o castelo”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15007048
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo Pérez, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra . Ed.Sementeira. S.A. Noia. ISBN 84-87848-02-8. Ano 1992.
Rey Castiñeiras, J. Estudio y Catalogación de castros de la provincia de A Coruña. Gallaecia nº7. Santiago. 1984
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA012.pdf (pax. 9 de 11)
Plano de pendentes lidar 2009 da zona do castro.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0203.pdf (esquina esquerda inferior)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NEGREIRA/documents/0245CA003.pdf (pax.13 de 26)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9400093568Lonxitude: -8.80436182022
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Set 5, 2013
Mapa de pendentes Lidar 2009 do Castro de Guimaráns, Ordoeste, A Baña. Parte esquerda inferior da imaxe:
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0203.pdf