Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Palas de Rei
Parroquia: San Pedro de Pambre
Lugar: Pambre
Outra denominación do ben: Fortaleza de Pambre
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Castelo de construción, inicialmente defensiva, que realizou Gonzalo de Ozores Ulloa cara ao 1378, para defender as súas posesións despois de recuperalas das mans do usurpador Fernán Gómez das Seixas. Está situada nun promontorio, conta con catro torreóns e está rodeada dun foso. O acceso ao interior realizábase a través dunha ponte. Destaca a Capela de San Pedro, de nave única e ábsida cuadrangular, posibelmente construída a finais do século XII en estilo románico, acaso erixida sobre estruturas anteriores, habendo indicios dunha mámoa. Unha gran torre de homenaxe, de planta cadrada, 11 metros de lado e tres plantas. A primeira planta é cega, nela ábrese unha porta románica situada a cinco metros do chan. A segunda planta elévase uns 5 metros do chan e existen vestixios que permiten imaxinar unha ponte interior que comunicaría esta planta coa muralla a través dunha porta con arco apuntado e escudo de armas dos Ulloa. Na terceira planta hai un ventanal de arcos apuntados xeminados con arquiños en lobo. Outros elementos destacados son as saeteiras por toda a muralla e os canzorros das partes superiores da torre. No seu interior aínda conserva unha gran cheminea que se asenta en dúas repisas en forma de cabeza. Superou completo o asedio irmandiño. Perdida a súa finalidade defensiva e económica, a familia Ulloa aforouno a un particular en 1845.
Está baixo a protección da declaración xenérica de castelos do decreto de 22 de abril de 1949 (Monumento Nacional) e da lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico. Foi declarado BIC en 1994.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
As lendas tradicionais outorgan a súa construción aos mitolóxicos mouros en só unha noite
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
La propiedad de la tierra en Galicia 1500-1936.Ramón Villares. Siglo XXI de España Editores, 1982.
Falicia Feudal, Victoria Armesto, Ed. Galaxia. 1971
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8601036124Lonxitude: -7.9482114315
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
10 comentarios
adela suma says:
Set 6, 2011
La compra por parte de la Xunta de esta joya está formalizada? se anunció hace meses pero hasta donde yo sé no se zanjó (hay acuerdo pero no se puede levar a cabo por problemas en la documentación de los anteriores propietarios, parece ser)
adela suma says:
Set 6, 2011
y por cierto, alguien sabe algo sobre el Plan Director que supuestamente se está redactando?
xosea says:
Feb 5, 2012
Unha descrición literaria do castelo de Pambre, por A. López Ferreiro:
“Levántase nun promontorio que se avanza de Sueste a Noroeste sobre o río Pambre. A aba que mira ao nordés está cuberta de arborado e de herbeiras, e parece un terreo tan bo como se poidese dar azafrán; mais a da outra beira presenta unha paisaxe do máis horrible e agreste que poida imaxinarse. (…)
A cabalo, pois, deste promontorio érguese o castelo como un fero e soberbio xigante (…).
A unha beira do patio érguese o castelo propiamente dito, o cal se acha dividido en dous recintos, un central, e outro exterior que o rodea. O central ven a ser unha grande torre de planta cadrada de 10 metros e 80 centímetros por lado medidos pola parte de afora. A altura ha de chegar ata vinte metros, sen contar as almeas. Compoñíase de catro altos, mais dos sobrados que os separaban, non quedaron máis que os canzorros en que pousaban as trabes. A porta de entrada estaba ao nivel do primeiro piso, ou sexa a catro metros e setenta centímetros do chan; de xeito que para pasar adentro, había que subir ao sobrado do recinto exterior que rodeaba a torre (…).
As paredes teñen tres metros de ancho; pero conforme van subindo, van morrendo, de sorte que no máis alto só terán dous metros ou dous metros e medio de espesor. (…)
O que é de admirar é o ben construídas que están tanto estas paredes, como as do recinto exterior. Os sillares parece que están cortados á navalla da barba, ¡tan ben labrados, tan desempenados e tan ben asentados están! (…)
Pasando agora ao recinto exterior, diremos que a súa planta é un cadrilongo, dentro do que, mais terciada para un lado, se levanta unha torre. Tiña dous pisos: o piso baixo e máis o sobrado, que, por suposto, no lado de dentro se fundaba nos muros da torre. (…)
O que máis chama a atención neste recinto son os catro torreóns dos recantos, a planta dos cales non é redonda como soen sera a maior parte dos daquela época senón cadrada. (…)
Tal é en resumo, o famoso castelo de Pambre; o castelo máis antigo dos que se conservan na nosa Galicia; o castelo en que non puideron fincar o dente, nin os irmandiños do ano 1431, nin os do ano 1467, que, como é sabido, arrasaron todos os do noso país.”
elixio says:
Feb 5, 2012
Grazas XOSEA pola aportación. Un saúdo
Vilar de Donas y Castelo de Pambre: dos de nuestros mejores tesoros medievales | Blog de la Diputación de Lugo says:
Set 10, 2012
[…] Patrimoniogalego.net: Vilar de Donas, Castelo de Pambre […]
Oscar Franco says:
Mar 9, 2013
Algunha cousa máis que aporto para esta ficha:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/01/10/vaidades-e-caprichos-no-castelo-de-pambre/
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/06/04/no-interior-do-castelo-de-pambre/
Oscar Franco says:
Out 22, 2015
A reforma levada a cabo no castelo foi noticia na prensa escrita do 15 de outubro de 2015:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/10/15/pambre-dejara-inaccesible/0003_201510L15C8991.htm
Oscar Franco says:
Feb 4, 2016
Remata a reforma do castelo. A noticia é da prensa escita do 3 de febreiro de 2016:
http://www.farodevigo.es/sociedad/2016/02/03/acaba-rehabilitacion-castillo-pambre-icono/1397217.html
Oscar Franco says:
Ago 9, 2016
O castelo volve ser noticia na prensa escrita do 7 de agoste de 2016: a reapertura deste ben, restaurado por completo:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/palas-de-rei/2016/08/07/palas-enorgullece-simbolo/0003_201608L7C8991.htm
Marián Santiago says:
Set 23, 2016
O próximo martes 27 de setembro xa se pode visitar o castelo. Nova do 23 de setembro na Voz de Galicia:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2016/09/22/castillo-pambre-presentable/00031474575816665367578.htm