Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Zas
Parroquia: San Tirso de Muíño
Lugar: As Abellas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro do Alto do Castriño está emprazado sobre unha chaira lixeiramente descendente cara o Rego da Fonte do Espiño pola súa zona leste. Situado a uns 315 metros sobre o nivel do mar, ocupa unha superfie duns 5360 metros cadrados e presenta un recinto simple, de forma tendente a ovoide, cunhas medidas de 110 metros de lonxitude N-S e de 68 metros de L-O.
A croa ten forma tendente a circular, ocupando unha superficie de 3610 metros cadrados e cunhas medidas de de 64 metros de lonxitude N-S e de 68 metros de L-O, incorporándose unha nova terraza que o fai ter esa forma ovoide.
O parapeto delimitador só se conserva visíbel nas zonas leste e sur, onde acada unha altura con respecto ó exterior que vai dende 1 ós 3 m., mentres que con respecto ó interior atópase totalmente a ras.
A súa conservación é de regular a mala, debido ás alteracións ocasionadas polas intensas labores agrícolas eiquí desenvolvidas, polo que moi posiblemente, esta intensidade agrícola supuxese a destrucción dos niveis arqueolóxicos máis superficiais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15093019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA029.pdf (pax. 6 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0289883808
Lonxitude: -8.94481837749
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84