Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Gondomar
Parroquia: Peitieiros (San Miguel)
Lugar: Peroleira, A
Outra denominación do ben: O Curuto - O Curuto do Crasto
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Aínda hoxe é posible ver distintas zonas defensivas deste castro, que se atopa a 138 m. sobre o nivel do mar.
Neste curuto estivo emprazada a Capela da Nosa Señora do Crasto, da que aínda quedan restos en superficie do tellado).


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36021081
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Nun penedo cercano ao castro existe a tradición de que existe escondida entre as grandes rochas unha enorme serpe, que atemoriza aos lugareños cando sae do seu escondedoiro” “No lugar existía unha moura que baixaba a recoller auga con un caldeiro ao rio Miñor e se lavaba na pía que había no castro, ou ben quedaba no río a peitear a súa melena”. Tamén se recolleu no lugar a historia de que no monte existía unha ola con ouro e outra con veleno. A xente maior recorda como, sendo nenos, os seus pais non lle deixaba ir xogar ao monte.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2009/01/folclore-de-los-castros-de-los-valles.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA001.pdf (Páxina 15 – nº 81)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA002.pdf (Páxina 3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ao seu carón atópase un depósito de auga, que aparte de desvirtuar a paisaxe, seguramente afectou ao conxunto.


Onde está localizado

Latitude: 42.1026375096
Lonxitude: -8.73139366508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84