Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Cícere(San Pedro)
Lugar: Cícere
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construída no século XVIII e financiada polo bispo de Tarazana, García de Pardiñas. Feita a base de sillería de granito e co teito a dúas augas, agás nos corpos laterais. Ten unha nave de planta de cruz grega. A fachada ten porta alintelada decorada con orelleiras. Enriba dela vai unha fornela con peaña e rematada en arco, no seu interior bóveda de cascarón en forma de vieira que contén unha figura que representa a San Pedro, no medio do muro vai unha pequena ventá cadrada. Adorno de placas no remate superior e espadana que arranca do cume con dobre corpo de campás con ocos de arco de medio punto. Rematada con adornos de pináculos e no centro unha cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTACOMBA/documents/0356CA005.pdf (pax. 15 de 17)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0458403965Lonxitude: -8.87560129166
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Set 14, 2013
Cerca desta igrexa, en Mallón de Cícere atopouse unha estela romana do século I
http://commentariola.blogspot.com.es/2006/03/malln-de-ccere-santa-comba-santiago.html
http://cronicasnerias.blogspot.com.es/2012/09/un-legionario-romando-enterrado-en.html.
E tamén apareceu nesta parroquia en, O Mato, o Tesouro de Cícere, relacionado coa orfebrería do Calcolítico- Bronce Antiguo de Europa, e depositado no Castelo de San Antón
http://www.academia.edu/1522065/Relaciones_Atlanticas_
en_los_inicios_de_la_metalurgia._La_gargantilla_de_tiras_y_el_conjunto_de_Cicere_Santa_Comba_A_Coruna