Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Grixoa (San Xoán)
Lugar: Agrís
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Hórreo con cámara feita a base de pequenos perpiaños irregulares de granito con apenas físgoas de ventilación entre eles. Apoia a cámara en 12 pés de granito que tenden a ser de forma cónica. Tornarratos de sector esférico que sosteñen os linteis da cámara. A cuberta é a dúas augas, na actualidade con cuberta de fibrocemento. Remata a parte superior dos penais con sobrepenas que rematan no cume cunha cruz. Está construído nunha plataforma de cachotaría que o eleva do chan.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.026733514Lonxitude: -8.88564884663
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
isaac says:
Set 11, 2013
Que tornarratos mas estilizados…
elixiovieites says:
Set 11, 2013
Cada vez gústanme máis os hórreos desta zona. Efectivamente son moi delgados. Aquí tes outros parecidos: http://patrimoniogalego.net/index.php/35442/2013/02/horreo-da-terroeira/
http://patrimoniogalego.net/index.php/45810/2013/06/horreo-en-miras/