Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Zas
Parroquia: Santo Adrián de Castro
Lugar: Santo Adrián de Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequeno hórreo con cámara feita a base de perpiaños irregulares de granito que deixan pequenas físgoas coma única ventilación da cámara . Apóiase en 6 pés de granito que tenden a ser de forma cónica. Tornarratos de sector esférico que sosteñen os linteis. A cuberta é a dúas augas realizada a base de tella do país. Leva pequenas sobrepenas nos penais e no remate superior dos muros. Como curiosidade dicir que leva dúas ringleiras de linteis para compoñer a estrutura da cámara.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.089354654
Lonxitude: -8.92060339451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84