Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Zas
Parroquia: Meanos (San Martiño)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa presenta planta de salón con muros portantes de cachotería e feitos a base de sillería na fachada. Tellada a tres augas con tella do país. En planta, distínguese en eixo lonxitudinal, unha nave rectangular o presbiterio e a sancristía. Acaroada ao lado dereito leva unha capela. Na fachada destaca a torre do campanario que se adianta á fachada e a entrada principal a modo de pórtico e facendo un arco de medio punto. Leva unha pequena ventá e unha fornela coa imaxe de San Martiño, inscrita nun arco de medio punto feito polos adornos de placas. O corpo das campás é de planta cadrada e con arcos de medio punto que o compoñen catro machóns. Enriba del vai outro corpo con ocos e adornos de pináculos nas esquinas e rematado en cúpula.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA004.pdf (pax. 4 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0612493906Lonxitude: -8.92144560814
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84