Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Mariña Occidental (comarca) / O Vicedo
Parroquia: San Román de Vale
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Aínda que non está confirmado polas escavacións arqueolóxicas, o lugar dos Moutillós, enriba da praia dos Castelos, poderían ser os restos dunha pequena fortaleza. Estas deducións levadas a cabo por algúns estudosos e asociacións vinculadas co patrimonio, están baseadas na especial configuración que se correspondería con outras que seguirían un esquema parecido ao de Mota & Baley, e que se poden ver por distintos países europeos, datadas na época altomedieval. Está enriba da praia de San Román no lugar denominado “Os castelos”, un lugar moi axeitado para usar coma pequeno porto. Consiste nun gran outeiro de terra e area, ao borde dun cantil que dá á praia e a carón dun lugar chan máis extenso cara a terra, con muralla e foso, aínda que este non se aprecia a primeira vista pois está moi cuberto de area. A diferenza dos castros que levan as defensas ao seu redor, aquí o punto máis protexido iría no lugar máis elevado que correspondería coa zona da “mota”. A maioría das estruturas estarían feitas de madeira, por ser asentamentos que carácter conxuntural. Algunha información queren apuntar cara a hipótese dun asentamento da época das invasións normandas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2011/06/manuel-miranda-caron-da-area-que.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/124272.html
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/08/republicas-de-homes-libres-o-misterio-moutillos/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.7201252653Lonxitude: -7.62819170952
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
elixiovieites says:
Set 14, 2013
A forma da estrutura que se ve nos asentamentos vikingos doutros países:
Noticias do asentamento “longphort” de Linn Duachaill en Irlanda (a 45 km de Dublín)
http://www.heritagedaily.com/2011/10/viking-longphort-of-linn-duachaill-confirmed-through-radion-carbon-dating/11930
http://www.sceala.com/phpBB2/irish-forums-25612.html
Outras seis en Suecia e Dinamarca
http://www.gabitogrupos.com/DESENMASCARANDO_LAS_FALSAS_DOCTRINAS/template.php?nm=1359436782
Forte vikingo de La Baguais en La Ville-ès Nonais, departamento de la Ille-et-Vilaine, Bretaña . Francia . http://goo.gl/maps/Ul61z
Xabier Moure says:
Set 23, 2013
Aquí só se pode xogar con hipóteses. O topónimo nada di xa que os nomes de mouteira, mota, moutillós, etc. son moi comúns en Galiza, e non só en lugares costeiros. Por outra banda, o lugar está moi alterado xa que foi achandado polo camiño que baixa cara o areal e tamén polas obras dun campo de fútbol que non se chegou a utilizar e que o destruíu case na súa totalidade.
elixiovieites says:
Mar 9, 2014
Novas de achados arqueolóxicos no lugar de Moutillós
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/07/galicia/1394198707_616694.html
elixiovieites says:
Xuñ 15, 2014
Un traballo no blog Aterrageo sobre Moutillós : Tomografía de resistividad en el yacimiento normando de Os Moutillós, O Vicedo.
http://blog.aterrageo.com/?tag=os-moutillos
Sobre a visita dos investigadores escoceses de Aberdeen
http://elprogreso.galiciae.com/nova/338981.html?lang=gl
Xabier Moure says:
Xan 18, 2015
As últimas catas non demostran aínda que se trate dun asentamento vikingo.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/385026-analisis-restos-moutillos-certifica-sean-vikingos
elixiovieites says:
Xuñ 20, 2015
Novas da intervención arqueolóxica de Xuño de 2015 http://www.galiciaconfidencial.com/nova/24569-procura-pegada-viquinga-galicia
adr says:
Feb 9, 2016
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/501194/el-yacimiento-de-os-moutillos-tiene-restos-de-la-edad-de-hierro