Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Mariña Occidental (comarca) / O Vicedo
Parroquia: San Román de Vale
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Aínda que non está confirmado polas escavacións arqueolóxicas, o lugar dos Moutillós, enriba da praia dos Castelos, poderían ser os restos dunha pequena fortaleza. Estas deducións levadas a cabo por algúns estudosos e asociacións vinculadas co patrimonio, están baseadas na especial configuración que se correspondería con outras que seguirían un esquema parecido ao de Mota & Baley, e que se poden ver por distintos países europeos, datadas na época altomedieval. Está enriba da praia de San Román no lugar denominado “Os castelos”, un lugar moi axeitado para usar coma pequeno porto. Consiste nun gran outeiro de terra e area, ao borde dun cantil que dá á praia e a carón dun lugar chan máis extenso cara a terra, con muralla e foso, aínda que este non se aprecia a primeira vista pois está moi cuberto de area. A diferenza dos castros que levan as defensas ao seu redor, aquí o punto máis protexido iría no lugar máis elevado que correspondería coa zona da “mota”. A maioría das estruturas estarían feitas de madeira, por ser asentamentos que carácter conxuntural. Algunha información queren apuntar cara a hipótese dun asentamento da época das invasións normandas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2011/06/manuel-miranda-caron-da-area-que.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/124272.html

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/08/republicas-de-homes-libres-o-misterio-moutillos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.7201252653
Lonxitude: -7.62819170952
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84