Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Parderrubias (San Tomé)
Lugar: A Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de tipo pechado, apoiado sobre unha base cúbica que sostén unha cruz de pedra, cadrada e sen desbastar.
A Cruz está composta polo varal e os brazos co tope.
Na súa parte baixa presenta un fornelo rectangular lixeramente arqueado no seu ángulo superior. Actualmente loce un retablo policromado, coa Virxe do Carme na banda esquerda sobre unha cabeciña de anxo. Por debaixo destas imaxes vense dúas ánimas entre as lapas en actitude rante.

Anteriormente o retablo era de madeira sen policromar. Presidía a escena das ánimas unha cruz sen figura na parte central e alta, e pola dereita unha Virxe co Neno no seu regazo.

Posúe unha reixa protectora fixa y caixón de esmolas, aínda que sen porta de ferro.
Coñécese a súa existenca dende o ano 1921, pero non se sabe con exactitude a data no que se mandou construir.

Foi restaurado no ano 2011, despois de sufrir un golpe por parte dun automobil. No momento da súa restauración moveuse cara un lado.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ano 2015 (Ficha E-CR-025 – Páxina 114)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA005.pdf (Páxinas 7 e 8)
http://www.salcedadecaselas.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=1498&solo_caja=3370
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=17758&ctre=55
http://recendos.blogspot.com.es/2012/05/o-peto-das-animas-de-parderrubias.html

BIBLIOGRAFÍA
“Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia”. Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao, Ed. AGCE, 1997
“Cruces, cruceiros e petos do concello de Salceda de Caselas”. Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao, Ed. AGCE, 2006.
Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao. Ed. Ir Indo. 1998
Revista Vida Galega, ano 1921
“Manuel Pérez y Pérez, Un salcedense no esquecemento”. Presa Vaqueiro, Xesús

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0999389269
Lonxitude: -8.57356980443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84