Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: A Ponte Nafonso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A ermida da nosa Señora da Ponte pertenceu dende a súa orixe, na Idade Media, xunto con gran parte da terras de Cando, ao mosteiro de S. Xusto de Toxosoutos por doación de Fernando II. No ano 1694 o arcebispo de Santiago en visita pastoral: ” halló (a capela) muy mal reparada y necesitada de ornatos” e mandou que se fixese saber ao prior de dito mosteiro. O edificio coñecería máis obras ao fin século XVIII e principios do XIX. A capela ten nave retangular co presbiterio máis estreito e sancristía adosada.Ten tribuna que se ergue sobre a porta de entrada e que se accede por unha escaleira. Ten paredes de mampostería e van rebocadas, menos as esquinas, ventanas e paramento inferior e fachada que son se sillería. No interior un arco de trunfo de medio punto separa o presbiterio da nave. A capela maior aparece máis elevada respecto ao resto do edificio, separando dous chanzos ambos niveis, un chanzo máis serve de asento ao retábulo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Patrimonio Histórico-Artístico de Outes,Xoán Mariño Volume II. 1999. ISBN: 84-8408-085-4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA012.pdf
pax 3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8298339227Lonxitude: -8.87561738491
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84