Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Baíñas (San Antoíño)
Lugar: Baíñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa ten planta rectangular é unha soa nave. Tellado a dúas augas e corpo acaroado ao muro norte. O templo que vemos actualmente edificouse sobre outro do século XII, que pertenceu ao convento de San Antoíño de Baíñas de monxes Bieitos, e do que aínda quedan lenzos de muros, contrafortes, restos de arcadas con capiteis decorados e canzorros con figuras humanas. No muro norte hai un tímpano nunha porta tapiada da antiga igrexa que parece representar a ”Fuxida a Exipto”. A fachada é totalmente lisa e sen adornos, ten unha pequena ventá cadrada no centro e de extremos rebaixados. A torre do campanario amosa tres corpos. O primeiro, o das campás, é de base cadrada con ocos de arco de medio punto en cada cara e con pilastras nas esquinas, con cornixa moi voada e remate de pináculos nos catro lados que dan paso a o outro corpo, de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con casetóns e rematada en pináculo .
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html (ver Vimianzo)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Igrexa_de_Ba%C3%AD%C3%B1as,_Vimianzo.jpg
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0281962458Lonxitude: -9.01906728745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
pepa says:
Mai 27, 2014
Coido que é errada a conxetura de ubicar nesta portada románica a “fuxida a exipto” carece de fundamento que apoie esta opción e considero mais factible a posibilidade de que represente a San Martiño Pinario, casa nai deste, en orixe, mosteiro benedictino. En canto á cronoloxía, a fábrica mais antiga pertencería o século XIII. Saudos.