
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Santa María de Salceda (Santa María)
Lugar: Esfarrapada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro asentado sobre tres chanzos de pedra, base cúbica cun escudo en cada unha das caras e con epígrafes na parte alta das mesmas:
– No lado esquerdo da base aparece o escudo dos Troncoso, cun tronco coas polas cortadas. Por riba lese: LO MANDO HACER.
– No lado dereito da base aparece o escudo dos Parcero, con dous lebreis surmontados dunha estrela. Por riba lese: P. E. ALUMBRAMIENTO DE 1885 TRASLADO”
– No lado traseiro da base aparece o escudo dos Sotomayor e detalle da parte baizxa do varal, ode aparece tamén un corazón atravesado por un cravo e unha serie de faixas de escaques cun ceñidorn no medio de cada faixa. Escudo nos fala da xente orixinaria da Casa Grande da Picoña, como eran os Troncoso de Lira e Sotomayor. Por riba lese: ESTE CRUC
– No lado dianteiro da base aparece o escudo dos Lira, que consiste nun brazo empuñando unha espada. Por riba lese: D.L.T.S. 1656
Parte dos escudos son os mesmos que aparecen no Pazo da Picoña (Salceda de Caselas).
O seu varal ben traballado, primeiramente con debuxos xeométricos en cada lado, logo pasa a ser cilíndrico, primeiramente con vinte estrías, e remata con dez máis anchas. O seu capitel é de catro lados curvos con follas e botóns florais no centro de cada un, afastados por espirais nas esquinas.
O conxunto remata nunha cruz rectangular, que amosa por diante un Cristo moi pegado ao madeiro, coas mans pechadas, no do pano a súa dereita e o pé dereito cubrindo o esquerdo. Polo anverso aparece a piedade sobre cabeza de anxo. A cuz posúe inscricións nos seus brazos.
Este cruceiro foi feito no ano 1656, data que aparece gravado na cara dianteira do cubo que fai de base.
O epígrafe completo das catro caras da base é o seguinte:
“ESTE CRUC(eiro) O MANDOUNO FACER D(on) L(uís) t(roncoso de Lira) S(otomayor en) 1656. P. E. (pagou o) ALUMBRAMENTO (e o) TRASLADO (de) 1885”
A ubicación actual deste cruceiro data do ano 1966, aínda que no ano 1855 aparece situado no outro extremo da Praza, tal e como aparece no epígrafe escrito na base. O cruceiro, seguramente, foi mandado facer por Don Luís Troncoso de Lira e Sotomayor, abade das parroquias de Parderrubias e da Picoña (Salceda de Caselas), fundador do morgado de Nogueiras e familiar do Santo Oficio.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ano 2015 (Ficha E-CR-013 – Páxina 102)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA006.pdf (Páxinas 13 e 14)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360490502.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1019081361Lonxitude: -8.55819940567
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(1 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




