Igrexa de Santa Mariña do Barro
Catalogouno elixiovieites o Set 18, 2013 • 8:16 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: O Barro ,(Santa Mariña)
Lugar: Barro. O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo barroco dunha soa nave, presbiterio destacado e corpo acaroado ao muro norte. Feita a base de Sillería de granito e con tellado a dúas augas. A fachada amosa porta alintelada, con molduras nas xambas e despois unha fornela coa imaxe de Santa Mariña, enriba dela, unha ventá redonda para dar luz ao interior. Campanario de dous ocos con faixas molduradas e arcos de medio punto. Remata en corpo triangular con pináculos de bóla nos extremos e un piramidal no cume. No muro sur da nave ten dúas inscricións coa data da fundación no século XVI, que daquela aínda era capela dos Caamaño.
A esta igrexa trouxeron os efectos que había na capela do monte de Santa Mariña, derrubada no 1791 por orde do visitador. Polas dificultades de mantela economicamente e debido tamén as “inmoralidades” que seica se producían naquel lugar o día da romaría. O culto nesa monte era moi anterior a esta igrexa e segundo a tradición dende el orientábanse os ventos e as choivas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA005.pdf (pax 6 de 19 )
http://www.concellodabana.es/index.php?id=98
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9696715653Lonxitude: -8.73828291893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





