Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bueu
Parroquia: Cela (Santa María)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que non posúe plataforma, xa que está asentado sobre as lousas do adro.
Formado por base cúbica de granito coas arestas mortas. O varal é octogonal, con arrinque cadrado.
Capitel cilíndrico decorado con follas de acanto, no medio de estas follas abrollan catro volutas e sobre elas un ábaco de caras curvas concas que teñen no medio unha flor.
Na cruz cilíndrica con tronco nodoso, lese INRI, cara a igrexa ten a Xesús crucificado, espido, con pano púdico, coroa de espiñas, barba e bigote; ten cravos, mans semipechadas, pé dereito sobre o esquerdo, corpo pendurado dos brazos, cabeza ergueita e boca lixeiramente aberta.
No reverso carece de figuras. Ergueuse no mes de Decembro do ano 1987.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.326722788
Lonxitude: -8.75300556421
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84