
Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Parada de Sil
Parroquia: Caxide (Santa Cristina)
Lugar: Campo de Eirado - Cabeza de Meda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase de dúas construcións circulares semellantes a pozos forrados con perpiaños e cachotes de granito, de uns 6 m- de diámetro, enterrada baixo o nivel da terra varios metros. Que se empregaba como lugar de almacenamento, conservación e distribución de neve endurecida, coñecidas comunmente como ‘neveiros’.
Ao seu carón tiñan unha pequena caseta tamén de pedra, para gardar a ferramenta e resgardarse das duras inclemencias do tempo.
Amoreábase nestas estruturas de pedra en capas de 20-50 cm de espesor, alternadas con outras de fentos e piornos, endurecéndoa con pisadas. A neve recollíase por varios homes, arrastrándoa ladeira abaixo ou transportándoa en cestos ata o pozo. Para facilitar a súa conservación ata a época estival, procurábase o seu illamento do fondo, dispoñendo unha rede de drenaxe para aliviar a auga do xeo que se derretía. No seu interior tiñan unhas escaleiras feitas na mesma estrutura, para chegar ó fondo.
Na cima tiñan unha cuberta de tella para protexer o contido do interior.
Datan estas curiosas edificacións do s XII e o seu uso estendeuse ata case a metade do século pasado.
Respecto do seu uso, mentres uns sinalan que eran empregadas por veciños das parroquias próximas, o certo é que xeralmente estaban asociadas a mosteiros.
A idea coa que hai anos se construían era a de recoller a neve para, posteriormente, convertela en xeo para poder empregala como produto refrescante durante o verán.
Durante as noites este xeo era transportado en mulas cara a capital, para que as clases adiñeiradas puideran refrixerar e conservar os alimentos ou arrefriar as bebidas e así combater o calor.
O comercio da neve foi un negocio moi rendible que explotaban normalmente o clero ademais de outras institucións.
Dende mediados do século XVI e no XVII popularizáronse os beneficios do consumo do xeo natural, sobre todo entre as clases privilexiadas, xerándose a construción de neveiras en gran parte da xeografía hispana.
Ata a actualidade, eran varios os neveiros do Monte da Meda que se atopaban en estado de abandono, cubertos pola vexetación e con risco de desaparición. A falta de protección á que se viron sometidos ata agora ameazaba ás edificacións co esquecemento.
Os Concellos de Xunqueira de Espadañedo e Parada de Sil veñen de rematar unha intervención que pretende recuperar as chamadas casas da neve de Cabeza de Meda e, con esta actuación, salientar a importancia cultural, etnográfica e histórica destas construcións especialmente identificativas das zonas de alta montaña, aínda que de momento solo fixeron unha limpeza do terreo e colocaron unha cerca de madeira e carteis.
A localización desta “casa da neve” está xustificada pola súa situación nunha montaña por riba dos 1100 metros, onde nevaba abundantemente e, por outra banda, sitúase estratexicamente nun lugar de paso entre a Ribeira Sacra e o Val do Medo, así como á veira do antigo camiño que unía Ourense con Astorga pasando polo castelo Litoria, unha área de gran concentración de mosteiros, con toda probabilidade os propietarios desta instalación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/07/24/parada-sil-espadanedo-recuperan-casas/850437.html
http://www.laregion.es/noticia/260488/
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2013/04/la-casa-da-neve.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3535728657Lonxitude: -7.62853503227
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Gavilanes67 says:
Nov 19, 2013
Un pouco de información.
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/11/casas-da-neve-pozos-de-nieve-desde-la.html