Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Lousame / Noia (comarca)
Parroquia: Tállara (San Pedro)
Lugar: Monte de San Mamede. Tállara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Tamén chamado Castro do Outeiro dos Mouros no catálogo de patrimonio, este asentamento está enclavado entre dous grandes penedos que o pechan polo norte e sur. No espazo entre os dos penedos hai recheo de terra e cachotaría que podería servir para os alicerces da torre, da cal se conservan algúns sillares nesta zona , mentras que outros atópanse tirados polas ladeiras. Ao redor dos penedos hai un parapeto de terra que apoia contra as rochas. Agrafoxo describía o Castelo de San Mamede no ano 1981 da forma seguinte: “..A área comprendida entre N e NW, e entre o N e NL, está protexida por enormes penedos graníticos que acadan unha altura de 15 m. e uns desniveis de 80º. O mesmo acontece no sur. Estas dúas masas pedregosas únense polo levante e nacente por medio dunha muralla de tipo castrexo, que está derrubada. Na banda sur áchase un “concheiro” remexido coa cerámica e que contén especies animais propias de dous hábitats característicos diferentes: mexillóns, hábitat de rocha pouco batida polo mar, e ostras, ameixas e berberechos, procedentes de zonas areosas das costas da ría de Noia e Muros ou da Ría de Arousa”.
Na segunda foto da ficha podemos ver unha regularización da superficie da pedra que debuxa unha planta cadrada no penedo norte para apousentar os muros ou as estruturas de madeira, e onde son visibles tamén varios chanzos escavados nos penedos onde a subida non é doada, así como varias cruces de distinto tamaño gravadas na parte máis alta do penedo. Dende este lugar vense as Rías de Noia e de Arousa


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15042005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo Perez, Xerardo .Pequeno libro para o colexio sa Silva, Lousame a partires da tesiña de Licenciatura: “ Carta Arqueolóxica do Partido Xudicial de Noia (Terra de Barbanza). Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía , Facultade de Xeografía e Historia) Santiago 1981.
Mapa de pendentes Lidar 2009

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//LOUSAME/documents/0206CA004.pdf
(pax 4 de 12)

http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0119A-0805.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7325134758
Lonxitude: -8.86261940002
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84