Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia
Parroquia: Roo (Santa María)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está emprazado nun meandro do río Tambre a 50 metros de altitude e ao oeste da aldea do Castro. Tamén é coñecido por Croa do Castro. Xerardo Agrafoxo no 1981 descríbeo así .”.. rodea a todo o castro un forte terraplén de 30 a 35m . de altura, a excepción da zona sur onde só chegan a 2 m. Os parapetos, se é que existiron, seguramente se aproveitaron para as edificacións que se fixeron posteriormente na croa ou na aldea. Non hai ningún resto de cerámica ou valado. Na croa atopouse unha lápida da era cristiá. Hai folclore de mouros e celtas como moradores do castro”.
Algúns autores apuntan a unha ruta romana que partindo de Noia pasaría cerca do castro e iría pola marxe esquerda do Tambre, e dividiríase máis arriba en catro ramais, un dos cales remataba en Fisterra e outro ía en dirección “Brigantia” pasando por Brandomil. Desde o castro divísase o Castelo de Insua, ao norte, e que está fronte ao Castelo de Nimo. Este último está a 2,5 km do castro e na mesma marxe do río a 500 metros de altitude
Na primeira foto a croa do castro entre o río e a aldea. Na segunda foto podemos apreciar as fortes pendentes cara o Tambre .


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax. 395
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax. 13 de 20)
Agrafoxo Perez, Xerardo. Carta Arqueolóxica do Partido Xudicial de Noia
(Terra de Barbanza). Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía , Facultade de Xeografía e Historia) Santiago 1981.
Saéz Taboada, Benito. As comunicacións romanas na provincia da Coruña.
Ed. LEA S.L., ISBN. 84-95444-18-6


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8229015876
Lonxitude: -8.85298490524
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84