Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: A Fialla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro está sobre unha pequena plataforma de perpiaños na que apoia o pedestal cuadrangular con remates moldurados na parte superior. Nel pódese ler unha data “1897” e debaixo :”PROPIEDAD DE LA FAMILIA VELLE”. Logo noutro grupo de letras, máis abaixo, parece poñer: “SE HIZO A DEVOCIÓN DE VICENTE SIGO? Y SU ESPOSA EMILIA BELLE 1889”. O varal arranca de sección cadrada e logo os rebaixes nas arestas convértena en octogonal , remata en pequeno tramo cadrado outra vez ao final. O capitel ten figuras de anxos no centro de cada cara e volutas nas esquinas. O crucifixo presenta unha cruz de sección case redonda, con nós e con cartela sen letras visibles. Leva un cristo de moi boa talla con detalles anatómicos moi realistas, con pano de pureza con nó a esquerda. Polo anverso vai unha dolorosa con manto e coas mans en posición de orar sobre unha peaña con unha cara no centro. Está amparado por un pequeno muro de contención que dá a beirarúa, pero aínda así ten unha lixeiramente inclinación.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax 86
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax 19 de 20)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está inclinado por mor das obras da ampliación da estrada e beirarúas.


Onde está localizado

Latitude: 42.7925014808
Lonxitude: -8.86474907398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84