Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Taboadela
Parroquia: Torán (Santa María)
Lugar: A Seara - Torán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Torre medieval, suponse do Século XIII, algúns estudos dátana no Século XV, construída con sillares de granito, de planta rectangular de 8,5m x 10m na modalidade de “Opus vittatum”.
Non se conserva a parte superior, calculase que se conserva a metade da súa altura orixinal nos catro lenzos que a compoñen, na que aparecen varias troneiras que servían de defensa, así como varias saeteiras.
Polo lado de poñente ten unha porta con arco apuntado, e tímpano dunha peza, sobre a que se abren dúas ventás rectangulares xemelas.
No entorno pódense ver vivendas tradicionais, nas que posiblemente se reaproveitaran pedras saídas da Torre, para a súa construción nos anos 40 do século XX.
Nos afloramentos próximos localízanse marcas de canteiria relacionadas coa extracción da pedra.
Situada no pequeno outeiro da Seara próximo a Torán, polas inmediacións pasaba o antigo camiño medieval cara Castela, polo que cabe pensar nun papel defensivo ligado a esta vía de comunicación.
Na zona pódense ver fragmentos de cerámica de pastas grises.
Polos distintos tipos de estar traballada a pedra, intúese que tivo varias reconstrucións.
Foi declarada Monumento Histórico Artístico e considerada Ben de Interese Cultural.
Entre os veciños do lugar seguen vivas distintas lendas que falan do seu poboamento por mouros e romanos, así como de túneles e corredores soterrados que permitían a fuga en caso de asedio. Desde a súa construción debeu de ser unha torre exenta e, en calquera caso, non se conserva resto de muralla nin foxo defensivo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Entre os veciños do lugar seguen vivas distintas lendas que falan do seu poboamento por mouros e romanos, así como de túneles e corredores soterrados que permitían a fuga en caso de asedio.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA019.pdf (P.4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA009.pdf (P.2)
http://josepviajero.blogspot.com.es/2011/12/torre-de-toran.html
http://taboadela.com/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2316453796
Lonxitude: -7.8340780735
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84