Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Santa María de Salceda (Santa María)
Lugar: A Fonte da Pedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro sobre tres chanzos e base troncopiramidal. O seu varal ten forma cilíndrica e lisa, que se coros por un capitel con catro cabeciñas de anxo afastados por follas.
A cruz, de forma cadrada, ten polo seu anverso a un Cristo crucificado, ben labardo, baixo cartela de INRI. No reverso aparece a figura da Virxe sentada co fillo morto no seu colo.
Na base e pola cara dianteira ten a seguinte inscrición:
“ESTE CRUCERO M
ANDO ACER ALON
SO DE MRANDA V.D.
SAN CIPRIAN DE LAS VIÑAS
PR. DE ORENSE. AÑO 1721”

Na parte dianteira leva outra inscrición:
“SOLO EN DIOS
LA CONFIANZA”

Este cruceiro forma parte dun conxunto composto polo propio cruceiro e o peto de ánimas de Fonte da Pedra (http://patrimoniogalego.net/index.php/49719/2013/09/peto-de-animas-de-fonte-da-pedra/).
Todo o conxunto se atopa nunha encrucillada de camiños entre a igrexa de Santa María e o Pazo de Aballe.

O lugar onde está este cruceiro foi dende sempre punto de destino das principais procesións dentro do calendario relixioso da igrexa de Santa María.
Neste lugar tamén se celebraban as “tardeadas de festa”. Hoxe en día e o punto de encontro e despedida para as diferentes celebracións de Entroido: despedida das carrozas, “enfrontamento” entre os veciños de Castro Barreiro e A Feira, …

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que no ano sinalado na base do cruceiro (1721) o señor Alonso, tratante de gando,  atopábase de paso por Fontedapedra, onde parou uns minutos para descansar e permitir que descansaran as reses que el mesmo conducía. Sentíndose gravemente enfermo bebeu nas augas da fonte e encomendou a Deus a súa ánima (de aquí a inscrición de “SOLO EN DIOS LA CONFIANZA”). Prometendo a construción dun cruceiro se conseguía recuperar a saúde. Atendido nun primeiro momento polos veciños de FontedaPedra, proseguiu a súa viaxe ata San Cibrao das Viñas, cumprindo a súa promesa en canto tivo ocasión. Outra vesión fala do acordo entre D. Alonso de Miranda e o presbítero de Santa María, que pactaron ir a medias no custo da obra. Ante o incumprimento do cura da súa parte no pago ao canteiro autor do cruceiro, D. Alonso pagou a totalidade da factura pero deu orde, en vista de que non se podía fiar do representante de Deus na terra, de que inscribira na base “SOLO EN DIOS LA CONFIANZA”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB
PXOM CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ano 2015 (Ficha E-CR-005 – Páxina 94)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA006.pdf (Páxina 7 e 8)
http://salcedadecaselas.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=1498&solo_caja=3225
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=17756&ctre=55&volverFicha=true
http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-196954-salceda-rehabilita-dos-cruceros-siglo-xviii.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604902.html

BIBLIOGRAFÍA
“Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia” e “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao, 1998.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O conxunto foi restaurado no ano 2013 por Manuel Sestelo.


Onde está localizado

Latitude: 42.1119512461
Lonxitude: -8.5483905673
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84