Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Noia
Parroquia: Roo (Santa María)
Lugar: A Igrexa (Roo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A igrexa ten unha soa nave rectangular da que sobresaen dos grandes corpos poligonais nos muros laterais, a modo de brazos saíntes, e que amosa grandes vans para a entrada de luz. Tellado a dúas augas e a catro no cruce que corresponde cos espazos citados. Os muros son de perpiaño de granito na súa totalidade, agás na fachada que van de sillería. Esta amosa porta alintelada con adornos de molduras nas xambas que leva por enriba unha cornixa voada. Debaixo desta lemos un letreiro gravado na pedra que di : “AL PAGO DEL DIEZMO ALABANZAS MIL .SE HIZO SIENDO RECTOR DON RAMON ESPIN Y MOURIN. AÑO DE 1857” “. Despois da cornixa está unha fornela coa imaxe da Virxe, que vai remarcada xunto cunha ventá cadrada, acristalada con pequenos vidros, que leva enriba . Percorren os dous laterais grandes pilastras lisas de orde xigante e con dobre capitel, nos de enriba apoian dous pináculos de bóla que adornan as esquinas superiores . Ten beirado de cornixa saínte no perímetro do tellado e no centro da fachada elévase a torre do campanario, de planta cadrada e con pequenos adornos de placas no entaboamento. Sobre este, pilastras refundidas enmarcan arcos de medio punto, onde se aloxan as campás. O último corpo é octogonal, rodeado de pináculos, con oito vans de arco de medio punto en cada cara, e como remate unha cúpula nervada con pináculo de bóla na cima.
Ten unha porta no costado norte que dá ao cemiterio e no muro de contención da zona sur, sobresae unha ringleira de catro ménsulas de estilo románico, ao lado dun anaco de columna con capitel xónico, que deberon pertencer ao antigo templo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/0252CA001.pdf (pax, 14 de 20)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8139694537
Lonxitude: -8.85798454285
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84