Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Taboadela
Parroquia: Taboadela (San Miguel)
Lugar: Mingarabeiza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Aira lousada que ocupa uns 120m2 aproximadamente, e que se atopa no centro da aldea de Mingarabeiza.
Este tipo e a máis duradeira e valiosa, feita con lousas de granito colocadas sobre o terreo achaiado, coidando que non quede moito espazo entre as pedras, para que non se escape o gran.
Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais, era onde se facían as medas con os mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí se separaba o gran da palla, antigamente facíase manualmente con mallos e na época mais moderna xa se facía con as malladoras.
A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns a os outros.
Para que non se estragaran os gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sobre estas pedras perfectamente lisas e sen case oco nas xuntas.
Ó estar estratexicamente situada en unha zona elevada, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
O proceso da malla tiña lugar no mes de agosto, polo que uns días antes limparíase e arranxaríase para que estivera lista.
O resto do ano é utilizada para poñer a secar as castañas, as fabas, cabazos e froita. Tamén serve para tender a roupa a secar, esfollar o millo ou picar a leña.
No caso de Taboadela, a practica totalidade das airas e comunal, polo que todos os veciños se afanan na súa construción e mantemento, polo que o seu uso faise seguindo unha rigorosa quenda no tempo da malla, non sendo tan rigorosa o resto do ano.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA010.pdf (P.10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2375395445
Lonxitude: -7.8291374445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84