Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: A Igrexa. Santa Cristina
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro atópase a carón da estrada cerca da igrexa parroquial de Santa Cristina de Barro. Consta de plataforma cuadrangular de tres chanzos, todos coas arestas superiores voadas. O pedestal de base cadrada remata pola cara superior con adorno de moldura redondeada. O varal leva ao comezo un pequeno corpo, con adornos caixeados, entre dous tronco piramidais. De aí arranca un fuste cilíndrico que leva no medio unha figura dun San Francisco sobre unha pequena peaña con forma de cuncha. O capitel comeza na base cun colar e leva figuras en relevo nas caras e adornos de volutas nas esquinas. A parte superior, de onde arranca a cruz, ten os lados curvos. O crucifixo leva cruz de sección octogonal cos remates dos brazos resaltados con molduras e con cartela. A figura de cristo leva o pano de pureza a esquerda e a cabeza ladeada a dereita.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax.19 de 20)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7947157285
Lonxitude: -8.88480126858
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84