Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Tomiño (Santa María)
Lugar: O Camiño Novo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Cruceiro do Camiño Novo consta de dous chanzos e un baseamento cadrado coas aresta rebaixadas. Neste último posúe varias inscricións, case ilexibles, no que se podería ler unha posible data do cruceiro: 1691. O varal é estriado e no medio posúe a imaxe do Apóstolo Santiago. O capitel ten varias figuras humanas collidas das mans. A cruz é de tipo latina cos brazos potenzados, coas imaxes de Cristo crucificado e da Virxe orando, sobre unha peaña dun querubín.

Este cruceiro está situado nunha pequena encrucillada pola que pasa o camiño portugués a Santiago.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360541402.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (2017). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE TOMIÑO (TOMIÑO-PONTEVEDRA). VIII CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS. Ed: ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9968149214
Lonxitude: -8.74139159918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84