Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Foxo do Lobo,
Concello: Covelo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Campo (Santa María)
Lugar: Gandarón
Outra denominación do ben: A forca do lobo de Campos // Foxo do lobo da Portela das Travesas
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Tamén coñecido como a forca do lobo, é un antigo vestixio dunha trampa para cazar estes animais. O do Campo ten como particularidade dous funís de entrada ao foxo. Segundo se recolleu da xente do lugar, cada funil de entrada correspondía a unha parroquia distinta.

O foxo consta dun cercado de tres paredes converxentes feitas de grandes laxes graníticas que se vai pechando en forma de funil para finalmente rematar en dous corredores de 60 cms. que levan ao foxo, onde o lobo fuxindo da xente e verse cercado entra facilmente. Este foxo, feito en mampostería granítica, ten unha profundidade aproximada de 2,5 metros de altura e 5 m. de diámetro. Unha vez que o lobo caia na trampa, a veciñanza dáballe morte con pedras e paus.
Dúas pedras da parede norte, xa perto do pozo, amosan marcas de canteiro en forma de cruces gravadas.

Dentro do foxo atópase un chouso para a durmida dos pastores, un curral, e unha mamoa espoliada e moi modificada.

O conxunto, que foi restaurado no verán de 2013, está referenciado nun documento do ano 1650, aínda que é posible que o Foxo sexa máis antigo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.rios-galegos.com/foxoslobo.htm
http://concellodecovelo.es/?sec=61
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/foxolobo-2/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3236716625
Lonxitude: -8.3568406105
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84