Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Meis / Salnés (comarca)
Parroquia: Paradela (Santa María)
Lugar: Señoráns de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo de Señoráns de Arriba, con planta irregular, data do século XVII. Posúe unha escalinata de pedra no acceso principal. Na fachada oposta atópase unha solaina sobre pilastras. Dende a pista, onde se atopa a capela unida ao muro de cerramento da finca, accédese a través dun portalón adintelado, rematado con pináculos e cruz, a un patio conformado pola edificación propiamente dita e outras auxiliares. Nesta fachada posúe un soportal de acceso, con cuberta a catro augas. O pazo perdeu a súa pedra de armas.

No interior da finca, ademais da capela, sitúase un dos maiores hórreos da zona, con vinte pés. En canto á capela, do século XVIII, posúe planta rectangular e disponse ao lado do portón. Cunha fachada con porta adintelada con molduras a media altura e fiestra cadrada, remátase cunha espadana dun van con tres pináculos flanqueado por outros dous.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiroOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA004.pdf (p. 8)
http://www.pazodesenorans.com/index.php
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=9392&ctre=36&volverFicha=true


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5477610679
Lonxitude: -8.70943039656
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84