Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Meis / Salnés (comarca)
Parroquia: Paradela (Santa María)
Lugar: Señoráns de Abaixo
Outra denominación do ben: Pazo de Cea
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación de planta en “L” de baixo e piso do ano 1600 aproximadamente. O acceso efectúase a través de escaleira de pedra que debería conducir a un patín, hoxe en día pechado. Na fachada posterior hai un balcón corrido con balaustrada que mira cara ao xardín. Ten unha torre na esquina e un escudo na fachada da casa, outro escudo na torre e un portalón cun gran escudo (trasladado de Mondoñedo a Lugo). Este último escudo relaciónase coa familia Cea.
No século XVIII fanse obras moi importantes no pazo.Ten un hórreo na finca de sobre cinco pares de pés.
O terreo está delimitado en parte por un muro de cachotería e adicada en parte a viñedos.
No xardín existen especies de considerable idade entre as que cabe destacar unha palmeira de grandes dimensións.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA004.pdf (Páxina 5)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=9396&ctre=36&volverFicha=true


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5478440607
Lonxitude: -8.70740532875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84