
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Meis / Salnés (comarca)
Parroquia: Paradela (Santa María)
Lugar: Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A igrexa parroquial de Santa María de Paradela presenta unha nave rectangular con teito de madeira a dúas augas. Posúe unha ábsida semicircular precedida de tramo recto, cuberto con bóveda de canón apuntado, e o hemiciclo con bóveda de cascarón, arco triunfal apuntado, ambos sobre capiteis vexetais figurados. No lado sur da nave dúas capelas singulares: unha con bóveda de canón e a outra con casetóns. A fachada occidental é simple con ábsida de estilo románico.
No interior destaca unha representación da Virxe con peaña que data aproximadamente de 1803, e no exterior un reloxo de Sol de 1739.
A Semana Santa e a Pascua de Paradela foron declaradas de interese turístico galego e os seus máis de 200 anos de existencia a catalogan como unha das máis importantes das que se celebran en Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36028006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior destaca unha representación da Virxe con peana do 1803 aproximadamente.
No exterior atopamos un Reloxo de Sol do ano 1739.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA003.pdf (p. 11)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5453403956Lonxitude: -8.72107923031
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84