Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Meis / Salnés (comarca)
Parroquia: Paradela (Santa María)
Lugar: Moroza, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo da Moroza foi construído no século XVI. O edificio consta dunha torre ameada de tres pisos unida a unha á en forma de “L” de baixo e piso, á que antecede polo seu alzado principal unha plataforma elevada de xeito de zócolo. Atravesando o pórtico de entrada podemos ver os detalles das gárgolas pétreas, que sobresaen da parte alta dos esquinais da fachada.
A torre posúe acceso mediante portalón que remata nos seus laterais por senllas seteiras. Na fachada posterior existen diversos engadidos.
No interior podemos atopar elementos ao gusto da época: camas con dosel, antigua lareira e cheminea, mobles isabelinos, bodega e unha biblioteca.
No exterior existe unha capela unida ao recinto amurallado con ameas, un pombal circular e un hórreo.
Os arredores próximos á edificación están tratados a base de plataformas axardinadas moi coidadas e escalinatas. Os xardíns que o rodean están cuidados ao detalle: setos recortados, unha fonte central de pedra e liñas circulares no deseño dos camiños.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA004.pdf (Páxina 7)
http://www.riasbaixas.depo.es/web2009/index.php?idMenu=1&idIdioma=1&int1=40&int2=180
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=9403&ctre=36


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.552888631
Lonxitude: -8.7001311779
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84