Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Maceiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Típico muíño de rodicio, sinxelo e elemental, de planta rectangular de 4 x 5 metros e cos muros de cantería de granito feita con bloques de diferentes dimensións, nos que se abre a porta de entrada como único van, ademais do necesario para dar paso á auga da canle do Rego de Mallou. Sobresae da súa fachada un pousadoiro para os cestos. No interior consta de dúas estancias, cousa pouco usual nos muíños galegos, pero non neste concello. Unha é de acceso e outra para a moa. Cóbrese a dúas augas, con cuberta feita de grandes lousas de pedra facendo así a construción máis duradeira. A canle consérvase ben na súa maioría, formada por pedras dispostas horizontalmente o que consegue un destacado efecto compositivo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8108920938
Lonxitude: -9.10363197327
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84