Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ames
Parroquia: Biduído (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa ten planta de cruz latina, está feita a base de sillares de granito e leva tellado a dúas augas. A fachada amosa porta alintelada con adornos de molduras ao longo das xambas e orelleiras nos remates das esquinas. Enriba desta, unha fornela enmarcada entre pequenas columnas profusamente decoradas con motivos vexetais, e con volutas aos lados, alberga a imaxe da Virxe. Remata por enriba en pequena bóveda en forma de cuncha de vieira. A continuación unha ventá para a iluminación do interior e no cume da fachada álzase unha cruz de remates potenzados. A torre do campanario amosa dous corpos. O primeiro de base cadrada levántase despois dunha cornixa saínte con adorno de placas, con vans de arco de medio punto enmarcado por pilastras e pequenas balconadas na parte inferior. Remata con pináculos nos catro lados e cornixa voada que dá paso a outro corpo de base octogonal, onde vemos un reloxo, e con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con casetóns. Está rematada en pináculo que culmina cunha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA008.pdf (pax 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8418161373
Lonxitude: -8.59851837158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84