Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Rois
Parroquia: Urdilde (Santa María)
Lugar: Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ermida de planta cadrada feita a base de perpiaño e con tellado a dúas augas cuberto con tella curva. Leva un pórtico na entrada feito con armazón de madeira que apoia en dúas columna de pedra que gorece o gran van da entrada. Está situada a 170 metros de altitude sobre un estreito val onde conflúe os regos de Espenincelo e Sanguiñal. Na súa contorna hai unha pequena carballeira e ao seu carón esta a antiga casa do cura. Atópase entre as aldeas de Quintáns, Vilariño, Verduga e Figueroa pero bastante apartada das casas, o que a converteu en obxectivo dos espoliadores que lle roubaron as campás no ano 2011.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Na páxina do IES de Brión podemos ler. Contan que ao lado da capela do Soutullo, na parroquia de Urdilde, había un pobo que tivo que fuxir do lugar ao seren invadidos por unha enorme praga de formigas. Nome do informante: Olimpio Gómez Romero; Vilariño, Urdilde Rois. Os veciños da zona teñen unha serie de costumes relacionadas coa capela como ir a unha misa o último domingo de maio, celebrar a festa da virxe da Encarnación.Facer festas e churrascadas na antiga casa do cura. Á santa non a deixan na capela porque teñen medo que lla rouben, por iso cada ano está na casa dos veciños. Nome do informante: Concepción Sampedro Cabo, Vilariño, Urdilde Rois.
Mónica Rodríguez Somoza Iago López Gómez
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA003.pdf (pax 9 de 9)
http://centros.edu.xunta.es/iesdebrion/autopias3/data/_uploaded/file/Lendas.pdf
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/roban-en-rois-la-campana-del-santuario-de-soutullo/idEdicion-2011-05-03/idNoticia-665001/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8110258952Lonxitude: -8.72364878654
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84