Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: San Clemente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun edificio de planta cuadrangular, centrado por un magnífico claustro que servirá de modelo durante o Barroco. Organizado en dúas plantas separadas por un friso completo, mantén o mesmo ritmo na distribucións dos vans en ámbolos pisos, un total de sete tramos por banda. Deste xeito, pódese observar como os arcos de medio punto volteados sobre pilastras caixeadas no corpo inferior, transfórmanse en xanelas cuadrangulares pechadas por un antepeito no superior. Ademais, cada un deles está flanqueado por pilastras emparelladas de orde toscana e fuste afundido, que, nos seus interpilastrados, dan lugar a formas xeométricas en resalte separadas por unha liña imposta, definida dende o arranque dos arcos.
A fachada repite o esquema empregado no Colexio de Santiago Alfeo, dado que ten moitas semellanzas e que estaría actuando de modelo, un enorme lenzo mural, rematado por pináculos con bólas, a penas activado polas fiestras que se abren nas súas dúas plantas; o ritmo horinzontal destas, sobrio e pausado, é roto pola portada que centra o conxunto. O frontón triangular que preside o seu pano central, prolongado nunha cornixa quebrada que se estende polos seus dous panos laterais, supón unha alteración máis en dito ritmo horizontal.
Está organizada en dous corpos articulados por columnas emparelladas exentas de orde toscana no inferior e, composta no superior; estas últimas presentan un fuste estriado nos seus dous tercios superiores, mentres que o inferior conta cunha decoración vexetal. No primeiro repítese a redución da súa estrutura ó esquema dun arco de triunfo; no segundo, a xanela presente en Santiago Alfeo é substituída por un balcón rematado por un frontón partido no que se acubillan as armas do arcebispo fundador, Juán de San Clemente e Torquemada.
A súa situación, fóra do perímetro murado da cidade, preto da Porta Faxeira, marcou o desenvolvemento urbán desta zona e esta obra, aínda que é imposible precisar a data de inicio das obras, tense constancia, a través da noticia facilitada por Jerónimo del Hoyo, que en 1607, estábase aínda levando a cabo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND,J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Santiago de Compostela”: Vol. XI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8778903593
Lonxitude: -8.54676246643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84