Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ames
Parroquia: Biduído (Santa María)
Lugar: Milladoiro ,O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Capela de planta rectangular con corpo engadido na cabeceira. Feita con muros de perpiaños e tellado a dúas augas. Na fachada leva porta alintelada e remata na parte superior en pequeno beirado cunha base cadrada da que arranca a espadana de dous corpos. O principal leva dous vans para as campás con arco de medio punto e o de enriba é un pequeno edículo con oco en forma de ovalo para adornar o cume e que remata con lados redondeados e unha cruz de forxa no cume . Tanto a espadana como os remates laterais da fachadas levan pináculos de bóla. Pola súa situación nun outeiro, esta ermida de orixe románica, era o punto no que vían as torres da catedral por vez primeira os peregrinos que facían o camiño Portugués.
Para algúns autores, o topónimo do Milladoiro , onde está a capela, lembra a existencia dun “humilladoiro” do Camiño de Santiago. Aquí os peregrinos que chegaban pola ruta marítima e o Camiño Portugués ao ver as torres da catedral compostelana, axeonllábanse e daban grazas a Deus por poder acabar o camiño.
Outros especialistas no camiño sinalan que recibiría o seu nome pola existencia dun “amilladoiro”, una morea de pedras que deixaban os peregrinos que facían o camiño. Os romeiros deixarían, no primeiro lugar de avistamento da Catedral, unha pedra traída desde a súa terra natal, para que fose testemuño da súa camiñada para que cando chegase o momento do Xuízo Final, as pedras falasen ao seu favor dando conta da súa devoción e peregrinaxe a Compostela


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA009.pdf
(pax. 5 de 5 do pdf)
https://confrariadamadalena.wordpress.com/historia-do-milladoiro/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8434051994
Lonxitude: -8.5806709528
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84